EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Premio ourensanía 2017

O sábado día 11 de novembro, día de San Martiño, no Teatro Principal de Ourense , fíxose entrega do Premio Ourensanía 2017 a Miguel Ángel González Súarez , o lendario porteiro do Real Madrid entre 1968 e 1986, por ser un dos deportistas ourensáns que máis altas cotas de recoñecemento acadou como compoñente dalgunhas das formacións madridistas que forman parte historia do fútbol español , chegando a participar como porteiro titular da Selección Española no campionato mundial de fútbol de Arxentina de 1978.

Este ourensán natural do barrio de O Couto, onde transcorreron os seus primeiros pasos no mundo do fútbol base, ten sido, o deportista con máis recoñecementos internacionais da provincia de Ourense. Recoñecementos que, non obstante , nunca lle fixeron esquecer as súas raíces ourensás,que aínda hoxe reivindica dentro e fóra de Ourense.

“O gato de Ourense” , alcume co que é coñecido , destaca pola súa humildade e bonhomía,valores que reflicte de forma cotiá no seu contacto co
fútbol base ourensán, razón pola que no seu momento xa lle foi outorgado o seu nome o campo de fútbol do Pavillón dos Remedios.Así mesmo, tamén hai que salientar o seu compromiso coa nosa cultura e nosa lingua ,tal e como queda confirmado coa súa intervención na campaña “Sinte Galicia, fala o teu idioma”.

Por todo isto o gardameta foi homenaxeado nun acto no que participaron diferentes personalidades do mundo da cultura ourensá e do mundo do fútbol como Butragueño, Casillas, Michel, Sanchís …

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal