Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Telelixo a todas horas

O termo “telelixo” utilízase comunmente para definir unha forma de facer televisión caracterizada pola utilización do morbo, o sensacionalismo e o escándalo como estratexias de atracción da audiencia. En España, o programa máis criticado é actualmente Sálvame.

Estímase que o telelixo existe dende os anos oitenta en Estados Unidos e dos noventa no resto do mundo audiovisual. E dende entón o telelixo vén experimentando un elevado ascenso na súa presenza dentro da televisión española.

O asunto chegou, mesmo, ao debate académico con dous libros significativos: Telelixo e democracia (2002), do filósofo Gustavo Bueno, e Telelixo e periodismo (2004) do xornalista e catedrático Carlos Elías. Neste último, Elías critica aos xornalistas de prestixio que se pasan "ao lado escuro" do telelixo. Considera que as televisións pagan a estes xornalistas tele-recolledores de lixo "sumas astronómicas de diñeiro co que compran a súa ética profesional".

Segundo un estudo publicado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas en xuño de 2014, oito de cada dez españois consideraban que a programación da televisión tiña pouca ou ningunha calidade. En relación con este tipo de programación o grupo Mediaset é o máis criticado.

Unha das queixas máis comúns en España sobre este tipo de televisión tamén é a elevada porcentaxe de programación que ocupan nas grellas televisivas, o que prexudica a emisión de programas con outro tipo de contido.
Lucas Rodríguez Cancio
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal