Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A TRADICIÓN DOS MAGOSTOS EN OURENSE

Desde primeira hora da mañá do sábado víanse as fogueiras en Montealegre nunha xornada asollada na que o bo tempo converteuse nun aliado. Familias con avós e nenos, compañeiros de traballo, cuadrillas de maiores, novas e adolescentes... peregrinaron onte coas súas bolsas de carne, castañas, refrescos e viño entre o monte e a cidade para celebrar a festa máis popular do outono en Ourense. A festa esténdese a toda a provincia e aínda que foi un ano malo para a castañas, os ourensáns non sacrifican o magosto.
A fogueira máis grande da xornada acendeuse no Parque Barbaña da cidade, lugar elixido polo Concello de Ourense para celebrar o magosto oficial organizado polo concello. Este ano, por mor das obras que se executan na Alameda para o traslado provisional dos placeiros durante a reforma do mercado de Abastos, o gran magosto urbano desprazouse ao Barbaña, onde se congregaron centenares de persoas animadas non só pola música e o bo ambiente que se crea ao redor dos magostos, senón pola climatoloxía.
A organización distribuíu máis de mil quilos de castañas, dous mil bolos preñados con chourizo, 200 botellas de viño e 1.500 de auga. En total, dous mil racións preparadas para as que era indispensable adquirir previamente un billete ao prezo dun euro. O despacho de billetes abriuse ás 17.30 horas.
Os máis pequenos divertíanse aprendendo nos talleres infantís e a animación musical dos Daniñas ía creando ambiente tanto no Parque Barbaña como noutros puntos da cidade.
Xa coa degustación do bolo preñado e o viño empezou a soar a música da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional Gomes Mouro que ambientou a festa. Ao porse o sol e refrescar, moitos se aproximaron ás brasas nas que se asaban as castañas para entrar en calor.
A cara amarga dos magostos, volve verse en Montealegre. O problema é que a pesar das advertencias e chamadas ao civismo do Concello, as imaxes son "desoladoras”.
Os ecoloxistas alertan do dano de que se repitan situacións doutros anos, nos que o lixo se acumulou durante meses.


ALBA LOSADA ÁLVAREZ
1º BACHARELATO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal