Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A dopaxe salpica ao ciclismo máster

Dous dos catro campións galegos das categorías de veteranos están suspendidos provisionalmente por dar positivo no autonómico

O ciclismo galego viuse sacudido nas últimas semanas pola noticia da suspensión cautelar de dúas dos campións galegos de veteranos por dar positivo nun control antidopaxe realizado no autonómico do pasado mes de xullo. A análise ao que se someteron Francisco Javier Igrexas, vencedor en máster 40, e Valeriano Carreira, que logrou o título en máster 60, detectou a presenza no seu organismo de substancias prohibidas e, a pesar de que aínda non existe sanción en firme á espera de que conclúa o prazo para a presentación de alegacións, a ambos lle foi retirada provisionalmente a súa licenza e non poden competir.

A pesar de que as suspensións cautelares só comunícanse aos afectados e á federación correspondente, a noticia correu como a pólvora nos ambientes ciclistas, xerando un gran balbordo e multitude de comentarios en redes sociais. E ante isto, Carreira optou por dar a súa versión nunha das redes recoñecendo utilizar unha substancia prohibida, aínda que se defende asegurando que en ningún caso consumiuna co obxectivo de mellorar o seu rendemento. «O positivo é debido a unha medicación permanente que teño debido á idade e certos problemas de saúde, e como non son profesional non o notificaba á UCI», explica. E, a continuación, o corredor engade que presentou xustificantes da prescrición dos devanditos medicamentos e que está á espera dunha resolución definitiva.
Lucía López
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-11-2017 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal