Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Primeiras variedades galegas de oliveira recoñecidas oficialmente
As investigacións do grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia, permitiron o recoñecemento oficial de dúas variedades de oliveira autóctonas de Galicia, a Brava galega e a Mansa galega en virtude da resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do 23 de outubro de 2017.
Por primeira vez dúas variedades galegas de oliveira obteñen o recoñecemento oficial e legal. O patrimonio varietal da oliveira en Galicia, descoñecido ata a data, convértese así no máis occidental da Europa continental.
A existencia de oliveiras e o seu cultivo en Galicia esténdese principalmente polo sur da provincia de Lugo e distintos puntos das provincias de Ourense e Pontevedra. Os olivareiros, unha vez se acade a produción necesaria de planta, poderán comezar a plantar Brava Galega e Mansa Galega e utilizar a denominación destas variedades nas etiquetas dos seus aceites embotellados.
Na actualidade está en marcha un proxecto de investigación cuxo obxectivo é continuar coa recuperación do oliveiral autóctono galego e a súa posta en valor.
España presenta a maior diversidade do mundo con respecto as variedades de oliveiras, e é tamén primeira en superficie (Andalucía concentra o 62% do total).

Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 18-11-2017 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal