Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xosé Monteagudo, Fernando Aramburu e Ralf Rothmann gañan o premio San Clemente
U
baldo Rueda destaca a "liberdade" e "independencia" do xurado, formado por mozos de 17 anos de seis institutos galegos e cinco europeos
As portadas dos libros premiados, arriba, e os autores respectivos abaixo. Pola esquerda, Xosé Monteagudo, Fernando Aramburu e Ralf Rothmann
As portadas dos libros premiados, arriba, e os autores respectivos abaixo. Pola esquerda, Xosé Monteagudo, Fernando Aramburu e Ralf Rothmann

'Todo canto fomos', de Xosé Monteagudo; 'Patria', de Fernando Aramburu; e 'Morrer na primavera', de Ralf Rothmann, resultaron gañadores dos premios San Clemente Rosalía-Abanca na súa vixésimo terceira edición.

O fallo do xurado deuse a coñecer este mércores nun acto que tivo lugar no IES Rosalía de Castro de Santiago, no que, ademais do director do centro, Ubaldo Rueda, estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o responsable de comunicación de Abanca, Isaac González Toribio.

Foron varios representantes do xurado --composto por alumnos de seis institutos de Galicia e cinco procedentes de Inglaterra, Francia, Alemaña, Portugal e Rusia-- os que explicaron os motivos da elección das distintas obras.

De 'Todo canto fomos' --que competía polo premio á mellor novela en galego con 'Non hai outro camiño', de Isaac Xubín, e 'Nordeste', de Daniel Asorey--, destacaron como "consegue enganchar" ao lector nunha trama que abarca "o amor, a emigración e a situación da muller", entre outras temáticas.

Mentres, de 'Patria', valoraron os seus personaxes "perfectamente definidos" e a narración "sen andrómenas" do conflito vasco. Chegaron como finalistas a mellor novela en lingua española Juan Marsé, con 'Esa puta tan distinguida', e Eduardo Sacheri, con 'La noche de la Usina'.

En paralelo, consideraron que a obra coa que Ralf Rothmann impúxose sobre 'A guitarra azul', de John Banville, e 'Compás', de Mathias Enard, na categoría de novela estranxeira debería ser "de lectura obrigatoria", pois reflicte como "a guerra só trae sufrimento" e que "non hai gañadores" en ningún conflito bélico.





Lucía Gómez Cibeira, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2017 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal