Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Bangladesh contabiliza 36.000 nenos rohingya orfos
O Goberno de Bangladesh contabilizou 36.000 nenos que perderon a un ou os dous pais entre os máis de 600.000 rohingyas que chegaron ao país desde o pasado 25 de agosto, un número seis veces máis alto do que se estimou inicialmente en setembro, informaron este domingo a Efe fontes oficiais."Temos 36.000 nenos rohingya orfos que perderon aos seus pais, nai ou pai, ou o contacto con eles no noso reconto inicial", indicou a subdirectora do departamento de Servizos Sociais, Seyda Ferdous Akter.


Deses 36.000, "ata o 7 de novembro metemos na nosa base de datos a 26.000 nenos e descubrimos que o 22 % deles perderon tanto ao pai como á nai", detallou Akter, ao indicar que están a traballar para acabar a base de datos "canto antes".O portavoz de Unicef en Bangladesh A.M. Sakil Faizullah advirte de que moitos destes menores están traumatizados, o que afecta o seu desenvolvemento psicolóxico, e advertiu de que polo menos un milleiro de familias refuxiadas están encabezadas por nenos."Imaxine un neno de 14 ou 15 anos coidando dos seus irmáns pequenos como un pai, cuán difícil é a situación", alertou o portavoz da axencia da ONU.








Laura Feijoó González, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2017 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal