EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre a muller á que a súa expareja tiroteou ás portas do colexio do seu fillo en Elda.
A muller de 28 anos que este mércores foi tiroteada polo seu expareja sentimental cando recollía ao seu fillo dun colexio de Elda, na provincia de Alacante, faleceu despois de permanecer preto de 24 horas en coma.
Fontes da investigación informaron de que o falecemento de Jessica B.C., española, produciuse ás 16:30 horas na Unidade de Coidados Intensivos do hospital de Elda.
Coa súa morte, son xa 44 as mulleres asasinadas por violencia machista no que vai de ano, segundo os datos do Ministerio de Sanidade e Asuntos Sociais.
Jessica B.C. recibiu varios impactos de bala, un deles na cabeza, cando recollía ao seu fillo no colexio Santo Negro de Elda, polos disparos do seu exmozo, que se suicidou tras subirse ao vehículo da vítima e encaixarse violentamente contra o muro do centro educativo.
O home violou a orde de afastamento, a muller asasinada había denunciado os malos tratos e sobre o seu agresor pesaba unha orde de afastamento a 300 metros e de comunicación, que xa violara hai uns días, ao chamar por teléfono á súa vítima.
Ela denunciara os feitos e o mesmo mércores, pola mañá, o home fora posto a disposición xudicial na próxima poboación de Novelda por quebrantar o afastamento.
En nove dos 44 asasinatos de mulleres certificados no que vai de ano presentouse denuncia previa contra o agresor, segundo os datos gobernamentais, e cinco das asasinadas tiñan medidas de protección en vigor, entre as que se inclúe á última vítima.
O fillo da falecida en Elda queda orfo a consecuencia da violencia machista e con el son xa 23 os menores nesa situación ao longo deste ano, segundo a estatística do Ministerio.





Ana Ramos Gallego
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-11-2017 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal