EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os galegos poderán esixir a partir do 10 de xaneiro unha espera máxima de 60 días para operarse.
O Diario Oficial de Galicia publica este venres o ansiado decreto de esperas máximas, que Feijoo anunciou xa na súa primeira lexislatura como presidente da Xunta. Entrará en vigor en dous meses, é dicir, o 10 de xaneiro, e permitirá aos enfermos que teñan determinadas patoloxías operarse en menos de 60 días. En concreto trátase na maioría dos casos de cancros, carcinomas e outros problemas como aneurismas, enfermidades da válvula mitral ou aórtica ou desprendemento de retina.
O mesmo decreto recolle tamén unha espera máxima de 45 días para consultas externas e probas diagnósticas, neste caso sempre relacionadas con cancro. O Sergas deberá ofrecer un centro concertado ao enfermo se non pode garantir que vai operarlle antes dos 60 días, e mesmo se o paciente decide acudir a outro hospital sen comunicalo a Sanidade cumprido o prazo, a Administración sanitaria estará obrigada a reembolsarle os gastos de asistencia, aínda que non os de desprazamento. A Xunta estima que se beneficiarán anualmente deste decreto entre 15.000 e 20.000 galegos.




Laura Losada Conde 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-11-2017 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal