EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Descubren un inmenso mar de plástico na costa de Honduras
Entre as illas hondureñas de Roatán e Cayos Cochinos, en pleno mar do Caribe, extendese un inmenso mar de "plástico e poliestireno" de varios kilómetros, unha desacougante estampa que inmortalizou a fotógrafa Caroline Power, de orixe británico pero cidadá de Honduras. Esta muller, que tamén é activista medioambiental, declarou que "foi devastador ver algo que me importa tanto sendo asasinado lentamente, asfixiado por desfeitos humanos ata a morte". "Había una cantidade aparentemente infinita de cubertos, culleres, botellas e pratos de plástico. Había balóns de fútbol rotos, cepillos de dentes, unha televisión e moitos zapatos ", declarou Power.
Tamén explicou que unha vez que o lixo está no océano, resulta incríblemente difícil e custoso eliminala. A clave é deter o lixo antes de que chegue ao océano. Pola súa parte, a ONG ambientalista Blue Planet Society aclarou que este lixo ten a súa orixe no río Monteagua, en Guatemala, e foi arrastrada polo río cara o mar durante unhas fortes choivas. "O lixo do río Monteagua, en Guatemala, que contamina a costa de Honduras foi desde hai tempo un problema na rexión", declarou a ONG, segundo publica 'The Telegraph'. Pola súa parte, a fotógrafa hondureña declarou que para loitar contra a lacra da contaminación fan falla "infraestruturas e educación".




Antía Forneiro Bugallo 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-11-2017 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal