EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A aldea de Vilar non ten televisión dende os incendios


A maioría dos veciños da pequena aldea de Vilar, no municipio de Avión, levan
sen poder ver a televisión desde os pasados incendios forestais que afectou a
aquela comarca durante o pasado mes de outubro. Na aldea residen ao redor
dunha ducia de veciños, xente maior cuxo único entretemento é a televisión,
xa que na localidade non hai bar nin ningún espazo social, e que se bota
especialmente de menos agora que anoitece tan pronto.
O alcalde de Avión, Antonio Montero, é coñecedor do problema. Recoñece que
durante a onda de incendios que arrasou a zona en outubro, o lume destruíu o
reemisor que estaba instalado en Cortegaza, así como o tendido eléctrico do
mesmo, e que fornecía sinal á maior parte de Vilar, porque algunhas casas
poden captar o sinal procedente doutro reemisor que non foi danado polo lume.
Antonio Montero asegura que unha vez comprobados os danos, solicitou un
orzamento para resolver o problema, que ascende a 20.000 euros. "Estamos a
tentar conseguir o diñeiro, coa axuda da Deputación Provincial e da Xunta para
que os veciños de Vilar volvan a ter sinal, pero estanos levando máis tempo do
que quixéramos, xa que a solución é moi complexa", sinala o alcalde, quen
estima que o problema podería estar resolto nun prazo máximo de quince días.

Sara Gonzáelez Belloso, 1º BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-11-2017 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal