EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

... Unión, cariño e fortaleza

Bos días.

Hoxe voume arredar un pouco do tipo de noticias que envío normalmente para subir a este blog.
Ao darlle un repaso á prensa dominical, atopei nunha revista do corazón que regalan como suplemento, unha noticia que se afasta das típicas de ” famoseo” ás que nos teñen acostumados.

Pronto, na súa portada, entre os problemas infinitos de Belén Esteban, o adelgazamento
excesivo da Mario Casas pola súa próxima película... fíxome dirixir a vista a esta noticia:

“UNA MUJER SE MUDA A LA RESIDENCIA DE SU HIJO PARA CUIDAR DE ÉL”

A que soa raro!

O primeiro que pensas é que o titular está errado. O normal sería que o fillo, en todo caso, se trasladase á residencia para coidar da súa nai.

Pois non! Non está errado e completo o titular:
“UNA MUJER DE 98 AÑOS SE MUDA A LA RESIDENCIA DE SU HIJO DE 80 PARA CUIDAR DE ÉL”.

Afastándonos doutras cuestións e centrándonos na noticia, que sexa de paso vos direi, que unha vez que a les tampouco é que diga gran cousa, soamente me quedo coa parte emotiva, e
cito textualmente da noticia: “... unión, cariño y fortaleza”.

Unha aperta e vémonos para a semana.

Clara María Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-11-2017 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal