Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Detido o comisario Villarejo por branqueo e inmigración ilegal
A Unidade de Asuntos Internos da Policía detivo ao comisario xubilado José Villarejo, á súa muller e ao excomisario do aeroporto de Barallas Carlos Salamanca nunha operación por delitos de suborno, branqueo de capitais, inmigración ilegal e pertenza a organización criminal.
Villarejo participou na "operación Cataluña", destinada a desacreditar aos principais impulsores do "procés". Tamén foi recoñecido en xuño por unha dermatóloga de Madrid como o autor do seu apuñalamento, posto en relación coa querela presentada pola médica contra o empresario Javier López Madrid, o amigo da Raíña Letizia chamado por esta "compi yogui".
A operación foi coordinada pola Fiscalía Anticorrupción e a Audiencia Nacional, que ditou seis ordes de arresto e rexistros en Madrid, Valencia e Málaga, entre eles a oficina de Villarejo na madrileña Torre Picasso e o seu domicilio en Boadilla del Monte (Madrid).
Asuntos Internos investigou durante meses o armazón empresarial de Villarejo e a súa muller, Gemma Isabel Alcalá, e desenvolveu unha operación para desmantelar unha organización criminal cuxo principal obxectivo é a reintroducción en España e outros países da UE de fondos procedentes de actividades ilícitas vinculadas á corrupción internacional.
Así o explicou onte a Fiscalía Anticorrupción, que sostén que tanto Villarejo como o outro comisario detido valíanse dos seus respectivos cargos policiais, "especialmente sensibles para a seguridade nacional", para recibir "elevadas sumas de diñeiro e agasallos suntuarios diversos". Todo iso a cambio dos seus servizos especializados "de intelixencia" e de "facilitar a entrada ilegal de cidadáns non comunitarios en territorio español".




Ana Ramos Gallego
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-11-2017 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal