Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ciencia en galego sobre todo en novembro
Dende que, no ano 2001, a UNESCO declarase o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser en Galicia o Mes da Ciencia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia promove a celebración do mes da ciencia en galego cunha programación de actividades no mes de novembro.
A divulgación do coñecemento científico e a importancia da ciencia en todos os ámbitos da vida é o obxectivo central da programación, que inclúe propostas para todos os públicos. Proxeccións audiovisuais, obradoiros para experimentar, espectáculos de maxia, contacontos, guías de lectura, documentais, exposicións, conferencias, un certame de microrrelatos matemáticos,… son algunhas das propostas que se desenvolverán nas bibliotecas públicas de toda Galicia.
Así mesmo, anímase a tódolos científicos e científicas, e á comunidade educativa, a “faceren e a divulgaren ciencia na lingua propia de Galicia, e tamén a poñer en valor as figuras dos referentes galegos da ciencia”.
Desde o Portal da Lingua Galega, en www.lingua.gal, preséntanse as mellores prácticas e recursos elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega para sumárense, dende o ensino, á conmemoración do Día da Ciencia en Galego.




Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 04-11-2017 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal