Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ter moitos fillos no está moi ben visto
Vicente Domínguez confesa que el é un «afeccionado» á beira dos seus pais, que tiveron 14 fillos. Este economista autónomo e a súa muller, Eva Pardilla, crían a cinco fillos en Pontevedra. Son Juana, de 15 anos; V. Enrique, de 13; Mercedes, de 11; Miguel, de 10, e Jimena, a benjamina, de 8 anos. «Case 9», como ela matiza.. A escusa da reportaxe é coñecer a súa opinión sobre a crise demográfica que vive Galicia, días despois do Congreso Galego de Familias Numerosas de Agafan, asociación á que pertencen. Por que a xente apenas ten fillos? Vicente cre que non é só por un tema económico. «Non é un problema económico, que tamén, senón de loxística e de decisións». Eva, que é profesora de primaria no colexio Os Salgueiros, achega outra visión. «Nós quixemos ter moitos fillos porque é o que vives en casa. Creo que a xente non ten fillos ou ten un polas dificultades de conciliación e tamén por unha cuestión de confort. E diría que tamén por un pouco de susto». E explícase: «Cren que a situación lles vai a superar, que non van poder». Eva tira de anécdotas cando lle preguntan cantos fillos ten. «Cando digo que teño cinco a resposta sempre é ?Uff, que valentes?». Vicente ten claro que os Domínguez-Pardilla son «persoas normais, correntes e molientes». «Que é moliente?», pregunta Jimena. Os seus fillos, todos co uniforme do colexio, escoitan atentos. Vós queredes ter moitos nenos no futuro? Hai disparidade de criterios. Juana, a maior, ten claro que lle gustaría casar e ter un vástago ou dous «para saber como é a experiencia». Miguel, por contra, di que pensa no seu traballo e que non se ve con fillos. Jimena dúbida, pero di que «algún si».
Juana e Jimena fan de guías pola casa. A maior ten agora unha habitación para ela soa: «É que xa necesito intimidade».




Aitana Lanzós Gómez
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-11-2017 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal