Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os astrónomos detectan por primeira vez un obxecto procedente doutro sistema solar atravesando o noso
Astrónomos do Minor Planet Center lanzaron un aviso para observacións de seguimento sobre un estraño cometa que parece estar nunha traxectoria que se orixinou fóra do Sistema Solar. Este obxecto, denominado C/2017 Ou1 PANSTARRS, non só procedería da nube de Oort, senón doutra estrela, converténdose en candidato a primeiro cometa interestelar que se atopou.

Os astrónomos fan varias observacións do camiño dun cometa a través do Sistema Solar e logo usan isto para calcular a súa excentricidade orbital. A excentricidade cero estaría a orbitar ao Sol nun círculo, mentres que unha excentricidade de 1 sería unha traxectoria parabólica.

O cometa Halley, por exemplo, ten unha excentricidade de 0.967; nalgún lugar entre un círculo e unha parábola. A partir das observacións iniciais, C/2017 Ou1 ten unha excentricidade de 1.2, o que a converte nunha traxectoria hiperbólica. Isto significa que está nunha traxectoria que veu desde fóra do Sistema Solar.

Segundo informa Universe Today, ao tratarse dunha afirmación audaz, o Minor Planet Center está a buscar observacións adicionais. En calquera caso, sostén que, a menos que haxa problemas serios coa astrometría, "as órbitas fortemente hiperbólicas son as únicas solucións viables".

Se outras observacións confirman a natureza inusual desta órbita, "este obxecto pode ser o primeiro caso claro dun cometa interestelar", sinala. Como podería un cometa como este chegar ao Sistema Solar? Cando outras estrelas pasan a uns poucos anos luz do Sol, axitan a nosa Nube de Oort coa súa gravidade. É de supoñer que o Sol fai o mesmo con nubes cometarias doutros sistemas.

As interaccións de tres corpos entre o cometa, os planetas e a estrela poderían expulsar a un cometa cara a unha órbita de escape desde o seu sistema estelar. C/2017 Ou1 descubriuse por primeira vez o 18 de outubro de 2017 desde o Telescopio de estudo panorámico e o Sistema de resposta rápida (Pan-STARRS) situado no Observatorio de Haleakala en Hawai. O obxectivo deste telescopio automático é explorar o ceo noite tras noite, buscando obxectos móbiles e variables.

O cometa atopábase a uns 30 millóns de quilómetros da Terra, e só realizáronse 6 días de observacións. Viaxaba a unha velocidade de 26 quilómetros por segundo, moito máis rápido que a velocidade de escape do Sistema Solar. Pasou o seu punto máis próximo ao Sol o 9 de setembro de 2017, e está en camiño de saír do Sistema Solar, o que fai urxente realizar observacións complementarias antes de que desapareza.




Raquel Vázquez Reza 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2017 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal