Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A dolorosa pegada do lume nos montes de Vigo.
A pegada que deixaron os incendios que sacudiron Galicia o domingo 15 e o luns 16 de outubro pode apreciarse cun simple paseo polos montes da comarca. Desde as alturas, con todo, distínguese con máis claridade a súa gran dimensión e as hectáreas que quedaron calcinadas polas chamas. Unha imaxe tomada polo satélite da empresa Deimos Imaging mostra a gran mancha negra, de cinzas e vexetación carbonizada, que deixou o lume. A instantánea aérea, que se tomou o domingo da semana pasada, confirma ademais ata que punto penetraron as chamas no municipio e como acosaron a zonas habitadas. O lume obrigou de feito a desaloxar vivendas, a fábrica do Grupo PSA en Balaídos e mesmo obrigou a suspender as clases na Universidade de Vigo e varios colexios da comarca. O seu peor saldo foron as vítimas mortais que deixou. Unha delas, un veciño de 70 anos de San Andrés de Comesaña que faleceu mentres tentaba librar das chamas a casa dunha amiga.

A resposta que se deu aos incendios, o dispositivo despregado, a política forestal ou as medidas para paliar os danos ocasionados protagonizaron, de feito, o debate municipal de outubro e seguían ocupando un lugar destacado do debate político onte pola mañá. O alcalde, Abel Caballero, defendeu que o Plan Municipal de Emerxencia activouse durante os incendios e "seguiuse ao milímetro", cun Posto de Mando Avanzado e un "mando único" que exerceu o propio rexedor. Segundo detallou Caballero, o plan púxose en marcha "o domingo pola mañá" e permaneceu en vigor ata as 20.30 horas, cando se activou o nivel 2 de alerta por parte da Xunta de Galicia.


Laura Losada Conde 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2017 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal