Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O raposo máis famoso da Curota
Por definición, os raposos son animais salvaxes aos que non lle gusta moito a presenza doutras especies, e menos a humana. Con todo, como en todo, adoita haber excepcións, e unha delas atópase no monte pobrense da Curota, onde un pequeno raposo gañouse a confianza dos visitantes que acoden á zona.Nos últimos días foron numerosos os veciños que puideron achegarse, e mesmo acariñar, a este pequeno raposo, ao que parece que agrada excesivamente a compañía. O último episodio tivo lugar o pasado xoves, cando uns mozos dispoñíanse a subir ata o miradoiro da Curota e topáronse casualmente co raposo no viario de acceso á cima do monte. «Primeiro atopámosnolo/atopámonolo abaixo, onde o vimos preto da estrada e tivemos que parar o coche para deixalo pasar, e logo apareceu arriba no miradoiro», explicou un dos mozos, que recoñecía que o animal non se mostraba asustado pola súa presenza, e mesmo se lles achegaba para que o puidesen tocar. Con todo, decidiron non facelo porque un deles é veterinario e aconselloulles que, aínda que seguramente nos lles ía a facer nada, podía contaxiarlles algún virus e era preferible non arriscarse.Outras das peculiaridades deste pequeno raposo é que parece gustarlle a fama, e non lle impoñen as cámaras nin os móbiles cos que nos últimos días hase inmortalizado a súa curiosa relación cos visitantes que se achegan á Curota, e que conseguiu demostrar que non todos os raposos son tan raposos.


José Javier Nieto Blanco (2ºBacharelato).
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2017 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal