Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vigo activa a fase de alerta do Plan de Emerxencia por Seca
Pedirá aforro de auga tamén a municipios da contorna

O Concello de Vigo activou o Plan de Emerxencia Municipal para situación de Seca após constatar que a auga embalsada actualmente nas presas de Eiras e Zamáns garante a subministración para un cento de días, e adoptará medidas de aforro de auga, que pedirá tamén a municipios da contorna que se abastecen destes encoros.
Así o confirmou este xoves, en rolda de prensa, o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen sinalou que, nesta fase de alerta, tal e como recolle o plan municipal, tomaranse medidas como supresión de regas, baldeos, purgas na rede, recomendarase non encher piscinas, e informarase á poboación "non só para que faga un consumo responsable, senón para que haxa un aforro real de auga".
O rexedor olívico explicou tamén que enviará cartas aos alcaldes dos municipios da contorna que se abastecen destas presas, como Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Cangas e Moaña, para que adopten as mesmas medidas de aforro de auga.
Segundo sinalou Caballero, o encoro de Eiras atópase a un 58,27 por cento da súa capacidade, e o de Zamáns, máis pequeno, está a un 44,37 por cento da súa capacidade. Estes niveis supoñen que "hai auga para 104 días".



Belén González Pérez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2017 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal