Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha marea de voluntarios toma o monte en Ponte Caldelas
Masiva resposta á chamada municipal para axudar a esparcir palla na contorna dos mananciais para evitar que se vexan afectados pola cinza

Decenas de persoas participan desde primeiras horas da mañá nunha operación de emerxencia para salvagardar os mananciais que nutren boa parte das traídas veciñais de auga en Ponte Caldelas. Son voluntarios que acudiron á chamada do Concello para repartir polas zonas queimadas toneladas de palla cunha finalidade: evitar que cando chova a auga arrastre cinzas e estas contaminen os mananciais. Quérese evitar o que xa sucedeu en Silvoso, onde as cinzas afectaron a un manancial que dá auga a máis de trescentos veciños. O propio alcalde, Andrés Díaz, púxose á fronte da marea de voluntarios, moitos dos cales levan a cabo o seu traballo con bágoas nos ollos ante a desolación da paisaxe dos montes caldelanos. O Concello repartiu entre os voluntarios bocadillos, auga, mascarilllas e luvas.


Carlos Sánchez Cao 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2017 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal