EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Case 160.000 persoas mozas deixaron de vivir en Galicia dende o inicio da crise.

"Temos un problema demográfico evidente, pero non temos un problema de emigración de mozos". Con esta rotundidade o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tentaba zanxar o pasado xoves a controversia aberta ao longo desta semana polos datos do padrón continuo que, publicados polo INE, acreditan unha perda de case 30.000 persoas mozas en Galicia no último ano. En plenas conmemoracións oficiosas polos cinco anos da súa chegada ao poder o líder da dereita en Galicia mantén que o seu cuestionado plan demográfico é o roteiro correcto porque centra as políticas na natalidade. A perda de poboación xuvenil débese "ao baixón demográfico que sufrimos entre 1979 e 1997" pero non á emigración, afirma o presidente.
Os padróns municipais reflicten que actualmente residen en Galicia 569.955 persoas de entre 15 e 34 anos, 27.207 menos que doce meses antes. Aínda que o asunto está a ser desta volta moito máis mediático que en anos pasados, o certo é que só cómpre ir un chisco atrás para atopar outras caídas maiores: entre 2012 e 2013 a poboación xuvenil galega caeu en 29.164 persoas e entre 2011 e 2012 reduciuse en 29.138. Datas nas que que a crise era máis forte.
Lucas Rodríguez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal