EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Queiman a Galicia sen control


Medio Rural aínda non contabilizou as hectáreas queimadas nos últimos días, pero a conselleira confirmou no Parlamento que supera a superficie queimada en Galicia durante o resto do ano

Os incendiarios e o vento formaron o domingo un cóctel de horror en gran parte de Galicia. Dos 31 grandes incendios que se orixinaron, 16 deles prenderon entre as cinco e media da tarde e a unha da madrugada. Un ataque masivo que se produciu en moi pouco tempo e que trouxo o horror a gran parte da comunidade, ata o punto de que chegaron a estar activos ata 125 lumes ao mesmo tempo, dato contabilizado á tres da madrugada do luns. Os incendiarios provocaron as chamas, pero os fortes refachos de vento que se rexistraron a última hora da tarde, unidas ás altas temperaturas e os baixos niveis de humidade, provocaron que o sur da comunidade vivise un auténtico inferno de chamas e fume.

Este martes a chegada das choivas contribuíu a conter o avance dos incendios en toda Galicia, aínda que aínda seguen varios en activo. Iso si, ningún deles supón xa un risco para os núcleos habitados. Agora, chega o balance de dano, as historias dos que o perderon todo. Medio Rural non contabilizou aínda o número de hectáreas queimadas, aínda que si que avanzou que neste fin de semana ardeu unha superficie superior a toda a queimada nos nove meses que van de 2017.
Lucía Alvarellos
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal