EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un laboratorio galego, na final do concurso mundial para lograr unha vacina contra a brucelose

Unha vacina segura e eficaz fronte á brucelose ovina e caprina, pero tamén barata e adaptada aos países en vías de desenvolvemento, onde a infección constitúe un grave problema sanitario, non só para os animais, senón tamén para as persoas.
Quen a consiga levará un premio de 20 millóns de euros e a opción de optar a outros cinco máis. É o reto que propón o concurso Brucellosis Vaccine Prize, outorgado pola Alianza Mundial para o Desenvolvemento de Medicamentos Veterinarios, co apoio financeiro da Fundación Bill & Melinda Gates, aos laboratorios e grupos de investigación de todo o mundo.
É unha competición na que xa se coñecen o primeiros sete dos dez finalistas que optarán ao premio final, cada un dos cales recibirá 100.000 euros. E un deles é o formado pola biofarmacéutica CZ Veterinaria, con base no Porriño e que xa conta con catro vacúas comercializadas, a Universidade de Navarra e o CITA de Aragón.«A brucelose continúa sendo un problema grave para animais, granxas e consumidores.
O feito de que represente un dos primeiros problemas sanitarios do mundo e que teñamos a posibilidade de achegar unha solución real para previlo en países en vías de desenvolvemento, dános unha motivación extra», segundo explica Andrés Fernández, conselleiro delegado da compañía galega, con experiencia para estabilizar a vacina en países con condicións difíciles.
Ester Barreira
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal