EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

APARECEN NOVAS TERMAS EN CASTRELO
O descenso do caudal do Miño por causa da seca deixou ao descuberto na contorna de Santa María, en Castrelo de Miño, e no medio do río, dúas piscinas termais con auga a 50 graos e cinco pozas auxiliares, algunhas enteiras e outras deterioradas, ademais das canles polos que discorría. Autoridades municipais e veciños mostrábanse sorprendidos por estas pozas feitas en pedra de cantaría labrada, que quedaron a un metro de profundidade cando se construíu a presa en 1969.
Estas termas volverán quedar mergulladas cando o Miño recupera o seu caudal habitual, pero as que están nas beiras tampouco se poderán utilizar, precisamente por estár en zona inundable.
O concello está a tramitar a declaración de augas termais e mineiro medicinais ante a Consellería de Industria. A declaración requiriu todo un proceso que culminaba neste 2017 coa presentación dun anteproxecto, valorado en 175.000 euros, para recuperar as termas, ao mesmo tempo que o Concello solicitaba unha subvención nominativa por ese importe.
Unha das esixencias da Consellería de Industria consistiu na realización de análises mensuais da auga durante todo un ano.
Alba Losada
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2017 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal