Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre Federico José Luppi
Federico José Luppi naceu en Bos Aires o 23 de febreiro de 1936 nunha modesta familia de ascendencia italiana e morreu en Bos Aires este venres 20 de outubro de 2017, aos seus 81 anos nun centro hospitalario de Buenos Aires tras non recuperarse dun hematoma na cabeza que sufriu o pasado mes de abril, cando tropezou e deuse un golpe na cabeza. Foi un actor arxentino, que tiña tamén a cidadanía española por carta de natureza. Obtivo numerosos premios ao longo da súa carreira actoral, entre os que se conta unha Cuncha de Prata no Festival de San Sebastián. Como moitos outros actores, pasou por diversos traballos antes de probar sorte no teatro.
O ministro de Cultura de Arxentina, Pablo Avelluto, asegurou que Luppi “foi un dos maiores actores” do país, un “artista único e querido, dentro e fóra dos escenarios”. En declaracións a Efe, o titular de Cultura do Goberno de Mauricio Macri considerou que o cinema e o teatro arxentinos “non serían iguais” sen a contribución do intérprete. “Federico Luppi foi un dos maiores actores do noso país. Quédannos interpretacións memorables de decenas de personaxes”, engadiu Avelluto. “Estrañarémolo. Quédanos o testemuño dun artista único e querido, dentro e fóra dos escenarios”, concluíu.



Ana Ramos Gallego
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-10-2017 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal