Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha experiencia teatral |
|
O día 3 de outubro, ás 18.00h, no Campus de
Ourense, inaugúrase o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil baixo o título ?O Teatro e as súas potencialidades na educación infantil?.
Co obxectivo primordial de dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para
achegar o teatro á infancia e á adolescencia e
valorar o uso da práctica teatral na práctica
docente e na formación da infancia, desenvolveranse as seguintes conferencias:
¿Qué facemos co teatro?, por Paula
Carballeira.
Teatro, unha ferramenta imprescindible
no ensino, por Raquel Castro.
Escribir teatro dende o anfiteatro, por
Antón Cortizas.
Teatro para ler, teatro para pensar, por Carlos Labraña.
Normalización da lingua, identidade e literatura, por Manuel Núñez Singala.
Literatura infantil e dramatización, por Sabela Gago, directora do grupo Sarabela Teatro.
Ademais, no acto de inauguración contarán coa actuación do grupo 2naFronteira, formado por Carmen Penín e Maurizio Polsinelli. Dúo italo-
galego de voz, piano e harmonio, que constitúen unha das propostas máis orixinais, innovadoras e de calidade do panorama musical galego actual.
A entrada é libre.
Clara María Domínguez Iglesias, 4ºB |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|