Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Deputación arranxa vías que unen A Pastoriza con Meira e Riotorto


O Goberno da Deputación mellora as comunicacións vitais nesta zona da Terra

Chá, que constantemente as empregan os veciños da Pastoriza, Meira e

Riotorto no o seu día a día, para traballar nas súas explotacións gandeiras ou

para momentos de xuntanza en calquera destes municipios, que son exemplo

de convivencia veciñal

Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra,

supervisaron este luns as melloras en 11 quilómetros de dúas estradas que

unen este municipio cos de Meira e Riotorto. Son actuacións que financia o

Goberno Provincial con 400.200 euros e que están a piques de rematar, pois,

logo da limpeza de cunetas e taxeas realizada, estase a acondicionar o firme

con aglomerado en quente para, posteriormente, reforzar a sinalización

horizontal e vertical. Campos e Iglesias mantiveron encontros cos veciños para

coñecer o seu parecer sobre as obras.

Trátanse da LU-P- 4404 de Riocabo por Piñeiro e Aldurfe ás Rodrigas, onde se

arranxan case 10 quilómetros, dende o punto quilométrico 0 ao 9,825. Campos

Conde e Iglesias Sierra explicaron que as melloras nesta vía benefician

directamente a un terzo dos veciños da Pastoriza que a empregan a cotío, pois

son os que viven nesta zona, que é ademais a de maior carga gandeira deste

Concello chairego.

Hai que ter en conta que esta infraestrutura parte de Paraxes, o primeiro núcleo

pastoricense nada máis saír de Meira, a onde a diario acoden os veciños da

Pastoriza; e prosegue por Fonmiñá, San Cosme de Piñeiro, Gueimonde,

Aguarda, Álvare, Bretoña e ata os límites con Aldurfe, xa en Riotorto.

A outra estrada que se está a mellorar é a LU-P- 3006 de Meira á Pastoriza.

Arránxase o treito comprendido entre o punto quilométrico 1,920 ao 2,830, que

é o único que quedaba pendente por acondicionar para culminar a mellora

integral desta vía, que rexistra moito tránsito ao unir o municipio pastoricense

co polígono industrial e o centro médico de Meira.

Campos Conde subliñou a súa “satisfacción” polo arranxo destas estradas con

dita achega de 400.200 euros que decidiu facer o Goberno da Deputación no

marco do seu Plan Integral da rede viaria provincial. “Melloramos

comunicacións vitais nesta zona da Terra Chá, que constantemente as

empregan os veciños da Pastoriza, Meira e Riotorto para o seu día a día, para

traballar nas súas explotacións gandeiras ou para momentos de xuntanza en

calquera destes municipios, que son exemplo de convivencia veciñal”.

Wuimer Álvarez Célix 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-06-2017 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal