Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O METEORITO QUE ILUMINOU GALICIA O DÍA DAS LETRAS DO 2016, ESTASE POR ATOPAR. |
|
Entre os municipios pontevedreses de Arbo e As Neves; nalgún lugar entre as
vides dos viños Albariño e Condado e a desembocadura do Miño, onde reina a
lamprea, a un tiro de pedra de Portugal. Aí é onde os científicos sitúan os
restos do meteorito que iluminou o ceo do sur de Galicia o 17 de maio do ano
pasado.
A bóla de luz foi vista por un home que tomaba o sol tombado nunha praia de
Vigo e por numerosas persoas máis situadas a quilómetros de distancia: no
Parque Natural do Xurés (Ourense), en localidades de Lugo e por polo menos
unha persoa sentada nunha terraza na mesma capital galega na que o poeta e
músico Xurxo Souto deixara horas antes no aire os versos de Manuel María.
Un ano despois de que aquela pedra cósmica brillante penetrase nas capas
baixas da atmosfera, investigadores do Observatorio Astronómico Ramón
María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da
Rede Española de Bólidos e Meteoritos presentaron un estudo científico que
sitúa os restos do meteorito nos municipios de Arbo e As Neves. Houbo que
afinar moito a traxectoria, porque se ía movendo na liña mesma que separa
nesa zona Galicia de Portugal, explica José Ángel Docobo, un dos
investigadores do observatorio universitario.
Comezaron a solicitar a información da que partiu o estudo ao que un veciño
incorporou unha fotografía do tramo final do bólido. ?Desprazouse desde unha
atura de 95 quilómetros a unha de 26 ao longo da fronteira con Portugal
durante uns tres segundos, explican os investigadores.
Agora exponse a procura do meteorito. Mentres os científicos propóñense xa
comezar a peitear a zona pateando e contando coa axuda de colaboradores,
recoñecen os riscos do anuncio público. En teoría o propietario dos meteoritos
é o Estado, pero na práctica calquera pode levarllo á súa casa sen que ninguén
se decate.
Non é desatinado desexar un anaco de galaxia. Hai un mercado mundial no
que o pedrusco como o que caeu en Galicia, e que os investigadores estiman
que pesará ao redor dun quilo, ten valor económico. Tamén o ten científico: o
seu estudo ofrece información sobre como é o sistema solar no momento no
que se orixinou. E ese é o ciclo que os profesores da Universidade de Santiago
queren completar.
Ester Barreira Cartelle 4ºESO B. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|