EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Generalitat di que haberá data e pregunta do referendo en 15 días
A data e pregunta do referendo sobre a independencia de Cataluña coñecerase en 15 días. A conselleira de Presidencia e portavoz da Generalitat, Neus Munté, realizou o anuncio este domingo nunha entrevista na emisora RAC 1 na que asegurou tamén que Carles Puigdemont, convocará mañá pola tarde na Generalitat aos partidos favorables ao referendo para analizar nunha reunión a situación tras a "negativa" do Goberno.

Ademais do PDeCAT, Esquerra Republicana e a CUP, Entre os partidos que serán convocados figura Catalunya en Comú, a formación que impulsa a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, así como as formacións que forman parte do grupo parlamentario de Catalunya si que é Pot: Iniciativa per Catalunya, Podem e Esquerra Unida e Alternativa.

Xavier Domènech, portavoz de En Comú Podem no Congreso, respondeu de inmediato á conselleira Munté e asegurou que a súa formación non acudirá á reunión que convocará Puigdemont. Na súa opinión, unha decisión así debe abordarse no marco do Pacto Nacional polo Referendo, unha iniciativa impulsada desde a sociedade civil para aglutinar a partidos e entidades a favor da consulta e que recolleu xa medio millón de firmas de adhesión.

O anuncio da Generalitat prodúcese un día despois do chamamento que fixeron este sábado as entidades soberanistas a Carles Puigdemont para que fixe a data e pregunta do referendo que o presidente catalán prometeu convocar, como moi tarde, a finais de setembro.

"O obxectivo do encontro de mañá é compartir os últimos acontecementos e a resposta do Goberno do Estado, con argumentos do nivel de "nin quero nin podo" ou de "temos a tixola polo mango", dixo Munté en referencia á negativa contundente de Mariano Rajoy" á oferta de negociación por parte da Generalitat.

Munté engadiu que á vista desta situación é necesario facer "pasos adiante e tomar decisións que non se poden demorar" nin "dilatar". A portavoz da Generalitat engadiu: "Gustounos que as condicións do referendo, fosen compartidas co Goberno do Estado, pero a súa resposta non estivo á altura da proposta maioritaria en Cataluña"

Preguntada sobre que reacción pode chegar desde o Goberno a todos estes movementos da Generalitat e a posible fixación de data e pregunta, Munté afirmado: "Non se que fará o Estado, pero si se que fará o Govern: manter a súa firmeza na celebración do referendo".








Laura Feijoó González, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-05-2017 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal