Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Investigados alumnos de bacharelato por hackear o correo de profesores
O coordinador docente de Tecnoloxías da Información e a Comunicación do instituto Manuel García Barros da Estrada foi un dos primeiros en decatarse de que alguén estraño accedera ao seu computador e modificara un documento. Logo, outros profesores observaron estrañas coincidencias en exames de alumnos que cursan o último ano de instituto onde se copiaban de corrida as respostas, mesmo tamén os fallos.

Así comezou a dirección do García Barros a descubrir o hackeo masivo das contas privadas do correo electrónico dos profesores e puxo unha denuncia ante a Garda Civil o pasado 19 de maio que foi posteriormente ampliada con todos os datos dispoñibles polo citado centro educativo.

Da investigación fixéronse cargo axentes da Policía Xudicial de Lalín que co equipo de expertos telemáticos centraron as pescudas en polo menos catro alumnos do segundo de Bacharelato do centro estradense, a poucos días deste curso celebre o acto académico de gradación que podería quedar suspendido ou aprazado mentres non se aclaren os feitos.
Os axentes están a facer unha análise exhaustiva de varios computadores utilizados nas aulas cos que esperan descubrir que método empregouse para acceder ás claves e contrasinais das terminais do claustro, aínda que a hipótese máis verosímil é que os sospeitosos instalaron un programa espía para hackearlos.

A xefatura territorial de Pontevedra e a inspección educativa están a traballar conxuntamente na elaboración dun expediente informativo para saber ata onde chegou a intromisión e tomar as medidas disciplinarias oportunas de orde interna, independentemente das conclusións da investigación policial.
Crese mesmo que entre o alumnado hai tempo que se coñecían estas practicas das que supostamente viñan beneficiando os alumnos baixo sospeita desde o mes de febreiro pero ninguén se atreveu a poñelo en coñecemento dos profesores.

Tamén se investiga a posibilidade de que os hackers accedesen á plataforma XADE (Xestión Administrativa do Ensino) da Consellería de Educación que centraliza todos os expedientes académicos e disciplinarios dos alumnos galegos, ademais de fai un seguimento das asistencias a clase.

Mentres o centro garda silencio, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, dixo que a investigación está aberta pero ?próxima a esclarecerse?. Segundo adiantou Villanueva, a Garda Civil xa coñece o número de alumnos implicados aínda que evitou concretar a cifra. "Estamos a traballar niso. É unha cousa próxima que non ten a maior transcendencia e vincúlase ao ámbito escolar?, informa Europa Press.

Sobre as posibles sancións aos responsables, o delegado explicou que serán "castigos dentro da comunidade escolar, pero nada excesivo. Non pensamos que vaia máis aló de algo relacionado con temas educativos". En todo caso, engadiu, "mirarase? se hai algunha infracción que poida afectar o código penal e dentro das posibles condutas vinculadas ao tema escolar no seo da Consellería de Educación.





Sara Araújo Sánchez, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-05-2017 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal