Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Como evitar unha morte por parada coas nosas mans

Profesionais sanitarios trataron de concienciar á poboación en talleres de RCP (resucitación cardiopulmonar) celebrados onte no CHUO e no centro comercial, con motivo do Día Europeo de Concienciación da Parada Cardíaca. Estas situacións son un problema grave, pois se calcula que cada tres horas hai unha parada cardíaca en España. Só na metade dos casos chegan con vida ao hospital e só un de cada catro sae do transo sen secuelas.

Ana Tizón, médico da UCI, explicou como identificala: «Unha parada cardíaca ou morte súbita é unha morte inesperada. O corazón deixa de funcionar. Como o podo saber? Un, que a persoa non responda á túa chamada (está inconsciente) e dúas, que non respire». O seguinte paso será chamar ao 112 ou ao 061 para comunicar quen somos, onde estamos e que temos a alguén con parada. Pero ata que chegue a ambulancia e sanitarios, é fundamental realizar a masaxe cardíaca ou a persoa morrerá ao cabo de cinco ou dez minutos.

«A clave é facer forza co talón da man. Búscase o centro do peito na súa metade inferior. Aí colócase o talón, abrazando as mans, cos brazos completamente rectos. Xérase unha presión que provoca un descenso de cinco centímetros no peito do paciente. Non lle vas facer dano. É peor non facer nada. A secuencia do ritmo leva cunha canción como Staying Alive ou Macarena. O ideal é facer trinta compresións e dúas ventilacións (boca a boca)», detalla Ana Tizón. Con bebés, faise primeiro un minuto de comprensións usando dous dedos e logo pídese axuda.
Lucas Rodríguez Cancio 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-05-2017 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal