EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A RAG publica documentos sobre o proceso de incorporación de Carlos Casares a esta institución

A Real Academia Galega publicou unha serie de documentos sobre o proceso de incorporación de Carlos Casares, escritor ao que este ano se adicou o Día das Letras Galegas.
Entre os escritos que a RAG fai públicos, figuran os informes sobre os méritos de Carlos Casares solicitados a Francisco Fernández del Riego, Isidoro Millán González-Pardo e Henrique Chao Espiña.
Outros dos ditames son autoría de Rafael Dieste e Jenaro Marinhas del Valhe. O primeiro valora o ensaio de Casares "a virtude de traer luz á conciencia galega sobre o sentir dos nosos antepasados".
Na documentación, figuran tamén a carta na que se lle comunica a Carlos Casares o seu nomeamento como académico e a súa resposta de agradecemento.
Tamén se inclúe o escrito no que se informa da celebración da cerimonia de ingreso do novo numerario, nun acto que tivo lugar en maio de 1978.
Sofía Cougil García,4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-05-2017 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal