EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A GARDA REAL VISITA POR PRIMEIRA VEZ OURENSE

A Garda Real despregouse xa pola provincia de Ourense para iniciar as actividades propostas no programa de instrución previsto con motivo dos seus 500 anos de historia. Os actos culminarán o domingo 21 cunha parada militar coa xura de bandeira e desfile na capital das Burgas.
As unidades do Grupo de Honras xa se instalaron en diferentes puntos da provincia: O Barco de Valdeorras, Maceda, O Carballiño, Luintra, Ribadavia, Celanova, Xinzo de Limia, Verín, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
550 militares do tres exércitos, máis de 100 vehículos, 14 motocicletas, 72 cabalos e 6 cans protagonizarán as actividades. Pero o que máis chamou a atención é a presenza dun Rolls Royce Phantom IV e a moto Harley Davidson que o escolta.
O obxectivo deste despregamento é lograr a maior cobertura de terreo e o máximo contacto cos ourensáns e así darse a coñecer.
Entre as actividades máis destacadas: as diversas unidades, de Escoltas ou Grupo de Honras, entre outras, ofrecerán conferencias en diferentes colexios e realizarán marchas a pé. Os membros da Sección de Motos, rodarán sobre as súas Harley Davidson ata a fronteira con Portugal e as unidades equinas realizarán marchas a cabalo polas comarcas de Verín e Limia.
Na actualidade, a Garda Real de Felipe VI está acuartelada no Pardo, Madrid, composta polos grupos de Escoltas, Honras, Loxística e Apoio, ademais da Unidade de Música. A súa misión consiste en proporcionar o servizo de garda militar, render honras e dar escolta solemne á Familia Real e aos xefes de Estado estranxeiros de visita en España.
Alba losada álvarez 4º b eso
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-05-2017 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal