Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XABI ALONSO ANUNCIA A SÚA RETIRADA

“Vivino. Ameino. A despedida dun xogo precioso.”. Xabi Alonso (Tolosa, Guipúzcoa, 1981) anunciou en redes sociais a súa retirada do fútbol profesional á conclusión da actual tempada 2016/2017. O centrocampista do Bayern Múnic colgará as botas despois de dezaoito anos de exitosa carreira e máis de 800 partidos, nos que logrou un palmarés brillante con títulos nacionais e internaciones a nivel de clubs, e participando nas conquistas máis importantes na historia da selección española absoluta.
Coa selección española absoluta, Xabi gañou o Mundial de Sudáfrica (2010) e dous Eurocopas: a de Austria e Suíza en 2008, e a de Polonia e Ucraína en 2012. Participou en 114 partidos, marcando un total de 16 goles.
Entre as súas distincións individuais, Xabi Alonso foi elixido no once ideal da FIFA en 2012; no equipo ideal da Eurocopa 2012, e nomeado mellor centrocampista da liga española tamén en 2012. Ademais, non poden faltar en currículo dous premios dos que tamén sente extraordinariamente orgulloso: a medalla de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo e o ‘Tambor de Ouro’. Ambos en 2011.

Alba losada álvarez
4º b eso
Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 26-04-2017 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal