Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTINÚAN OS ATROPELOS EN OURENSE

O Concello de Ourense e os colectivos sociais, non coinciden nas medidas a tomar para frear os atropelos no centro urbano, tres desde o pasado martes co resultado dunha persoa falecida e outro tres feridas graves.
A Policía Local monta garda ao redor dalgúns pasos de peóns das rúas máis céntricas do centro urbano, dispostos a reprender tanto a peóns como a condutores que non respectasen as normas. Os axentes impuxeron multas.
A vixilancia forma parte das medidas que puxo en marcha o Concello para evitar este tipo de sinistros. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, lembraba que a seguridade viaria é un tema "transversal no que están implicadas diversas concellerías". Ademais da súa, tamén están, expuxo, a de Educación e Voluntariado e Mobilidade, cuxos titulares reuníronse para analizar os últimos atropelos e as medidas a adoptar.
Segundo Campos, ademais da vixilancia da Policía Local, iniciáronse contactos con 55 asociacións de veciños, a través das que se distribuirán carteis para concienciar a peóns e condutores. Tamén se impartirán charlas entre os colectivos sociais e veciñais, así como nos colexios sobre o problema.

Alba losada álvarez 4º b eso
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-03-2017 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal