Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Só un dos sete planetas de Trappist-1 podería ter vida
Hai apenas unhas semanas, o anuncio do achado dun sistema de sete planetas rochosos ao redor da anana vermella Trappist-1 levantou ondas de expectación entre astrobiólogos de todo o mundo. De feito, polo menos tres deses planetas parecían estar dentro da chamada "zona habitable" da estrela, é dicir, á distancia xusta para permitir a existencia de auga en estado líquido, o que convertía a eses tres mundos en bos candidatos para albergar algunha forma de vida.

Agora, con todo, un novo modelo climático en 3D elaborado por Eric Wolf, do Laboratorio de Física e Atmosfera Espacial da Universidade de Colorado e recentemente publicado en arxiv.org, rebaixou moito esas expectativas, e suxire que só un dos mundos ao redor de Trappist-1 ten posibilidades reais de sustentar vida.

Para afrontar o seu traballo, Wolf decidiu partir da suposición de que os sete planetas de Trappist-1 tiñan, ou tiveran algunha vez, vastos océanos sobre as súas superficies, e atmosferas con nitróxeno, dióxido de carbono e vapor de auga. É dicir, as mellores das condicións de partida. As propiedades orbitais e geofísicas de cada un dos mundos obtivéronse a partir dos datos existentes.
Pero cando Wolf puxo a funcionar o seu modelo atopouse cuns resultados deprimentes: "O modelo indica que os tres planetas máis próximos á estrela atópanse actualmente no bordo interior da zona habitable, onde é posible a auga líquida. De modo que se a auga existise algunha vez alí, xa se perdeu no espazo, deixándoos completamente secos".
Os outros tres planetas, engade Wolf "caen máis aló do bordo exterior da zona habitable", o que significa que fai xa moito que se converteron en planetas completamente xeados e nos que non é posible a vida.
De modo que só o planeta de no medio, entre os tres interiores e os tres exteriores, segue sendo un candidato válido para albergar vida tal e como a coñecemos. Segundo o investigador, en efecto, ese mundo en concreto podería ter "polo menos algunha zona habitable", dependendo dos niveis de nitróxeno atmosférico. Se o planeta conta con océanos, entón "podería manter temperaturas similares ás da superficie terrestre".

Pero mesmo ese único mundo podería non telo fácil. Segundo Wolf, as ananas vermellas ultrafrías poden tomarse ata mil millóns de anos de tempo para estabilizarse, expoñendo durante todo ese tempo aos seus planetas a unha intensa radiación solar e dando lugar a condicione extremas de invernadoiro. E se ese fose o caso de Trappist-1, entón o planeta medio habería tido que ter, en orixe, unha cantidade de auga sete veces superior á de todos os océanos da Terra para resistir e seguir tendo auga na actualidade.

Unha posibilidade pequena, pero non inexistente. Haberá que esperar a novos estudos para poder confirmalo.





Sara Araújo Sánchez, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-03-2017 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal