EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O escritor José Alberte Corral Iglesias doará á RAG os 6.000 libros da súa biblioteca persoal.
O escritor José Alberte Corral Iglesias doará á Real Academia Galega (RAG) os 6.000 libros da súa biblioteca persoal, segundo anunciou nun acto na sede da entidade acompañado pola súa muller, Dores Valcárcel, e o presidente da institución académica, Xesús Alonso Montero.

Nel, fixo entrega simbólica dunha pequena mostra da doazón que inclúe o álbum de Xaime Quessada 'Imaxen surreal de Galicia' (1977). No acto, José Alberte Corral indicou que escolleu a RAG pola súa defensa da institución da lingua e a cultura galega, así como pola importancia que esta tivo para el.

Tamén dixo que o seu obxectivo é contribuír á base do "estudo e a investigación de cace ao futuro". Os 6.000 volumes, que pasarán á RAG tras o seu falecemento, son o que foi comprando despois de perder a súa primeira biblioteca cando se produciu o golpe de estado en Chile.

Nas obras, inclúense edicións históricas de obras de Eduardo Blanco Amor ou Ramón Otero Pedrayo. Tamén hai títulos de ensaio e da literatura latinoamericana.

No acto, o presidente da RAG lembrou que este supuxo a súa última comparecencia ante os medios de comunicación como titular desta institución polo pleno ordinario que celebrará este venres para convocar as eleccións nas que se decidirá a composición da nova executiva. Ata a súa elección, o actual equipo estará en funcións.


Selena González Rodríguez, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-03-2017 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal