EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As paredes soñadas por Lugrís.
Mostrar a Urbano Lugrís como decorador de grandes espazos. Ese é o obxectivo da exposición que co título Lugrís, paredes soñadas prepara Abanca para estrear o día 31 deste mes. A apertura da mostra, que está comisariada por Rubén Ventureira e poderá verse en Afundación da Coruña, coincidirá coa conclusión dos traballos de restauración do mural Vista da Coruña 1669 que estaba nunha cafetería da rúa Real coruñesa e foi trasladada á sede de Abanca onde quedará exposta ao público de forma permanente.

Esta será a primeira vez que se mostre o traballo como muralista do pintor nado na Coruña e falecido en Vigo. Un bo número das obras expostas poderán verse por primeira vez, «como o esbozo realizado polo artista para a igrexa de San Pedro de Visma (un proxecto que finalmente non levou a cabo); o óleo Stella Maris, para a Confraría de Pontedeume; un gran mural que pintou no Sanatorio Álvarez, de Santiago; ou debuxos de letras e doutro tipo que fixo para a revista Vida Galega», detallan os organizadores.

Outro aspecto que destacan é a colaboración de diversas entidades para reunir todas estas obras e como algunhas das pezas mostraranse «recreando a súa disposición orixinal, como as procedentes dunha barbería coruñesa».


Lucía Vázquez Nóvoa, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-03-2017 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal