EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Spotify cobrará polas novidades tras un acordo coas discográficas.
A cantante norteamericana Taylor Swiff retirou no 2014 toda a súa discografía de Spotify, a maior plataforma do mundo de música en streaming. A explicación deuna máis tarde a artista: «A música é arte e hai que pagar por iso». O que ocorría é que non a convencían, por escasos, os royalties que recibía das discográficas polos temas que ofrecía en aberto na canle. Entón deulles esquinazo para chamar a outra porta, á do seu principal competidor: Apple Music. Cos da mazá tamén negociou. Gañou.

Pero agora a firma sueca parece chegar a un acordo favorable coas discográficas, tal e como publicou esta semana o diario Financial Times, para cobrar polas novidades que ofrece na Rede. Desta forma, as compañías de discos pagarán máis aos artistas ao non ofrecer os seus éxitos recentes en aberto. Pero, a cambio, a plataforma non terá que abonarlles un canon tan elevado ás empresas como ata agora. Isto faría que os habituais da plataforma que aínda non deron o paso a Premium (uns 50 millóns) acabasen convertidos en clientes de pago para poder acceder a eses contidos.

A estratexia de pechar o grifo parece responder á idea de lanzar a bolsa a empresa. O obxectivo é facela máis atractiva para o inversor porque, aínda que o ano pasado se embolsóu máis diñeiro que nunca, o seu resultado foi negativo, cunhas perdas bastante importantes.

Ata agora, as novidades estívoas dando gratuitamente aos usuarios rexistrados, pero con publicidade. Só os seus máis de 50 millóns de usuarios Premium que pagan uns 10 euros ao mes (Apple ten 20 millóns) poden escoitar os temas libres de anuncios, ademais de descargalos para poder escoitalos cando non hai Internet.

Ás discográficas que teñen tamén unha pequena parte na compañía non lles vén mal que sexa un produto xugoso no parqué. Iso faría que o nivel de beneficios tamén aumentase. Pero haberá que ver que pasa. Desde logo, para os usuarios é un duro mazazo saber que non poderán escoitar de forma gratuita os temas dos seus cantantes favoritos.


Cristina Rey Pérez, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-03-2017 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal