EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DAVID CALLE, FINALISTA ENTRE OS “NOBEL” DOS DOCENTES

Enxeñeiro e profesor youtuber, foi elixido como un dos 10 finalistas para gañar o “Global Teacher Price 2017”, valorado nun millón de dólares.
O coñecido como o Nobel dos profesores, que se concederá o próximo 19 de marzo, outórgase co obxectivo de render homenaxe a un profesor excepcional que realice unha contribución significativa á docencia e para lembrar a importancia que teñen os mestres na nosa sociedade. David Calle foi seleccionado como finalista entre as máis de 20.000 candidaturas presentadas de 179 países de todo o mundo.
O feito de chegar a este punto, supón un labor de superación e esforzo. Explica que unha das claves do éxito da súa canle é a "paixón e enerxía" que lles transmite aos seus subscritores. Confesa que "é fundamental que os profesores poñan paixón no que fan" e que se apoien en recursos interesantes que esperten a curiosidade daqueles que están a aprender.
As consecuencias deste peculiar método de ensino foron numerosas peticións de novos vídeos, dúbidas e comentarios. O seu labor levoulle en 2015 a que o seu portal Unicoos fose elixido por Google como a canle con maior impacto social de España.

Alba losada álvarez 4º b eso
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-03-2017 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal