EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O cupón da ONCE do 9 de marzo lembrará o Pondal no centenario do seu pasamento


Eduardo Pondal protagonizará o cupón da ONCE do vindeiro xoves 9 de marzo. Cinco millóns e medio de cupóns lembrarán a figura do autor do poema "Os pinos", que dá a súa letra ao Himno Galego. A Real Academia Galega acolleu este mércores 1 de marzo a presentación desta iniciativa, que conmemora o centenario do pasamento dun dos pais do Rexurdimento das Letras Galegas, acontecido na Coruña o 8 de marzo de 1917.
Unha fotografía do poeta nos seus anos de mocidade conservada no Arquivo da RAG ilustra o cupón. O presidente da Academia felicitouse de que o autor "dos versos máis recitados da literatura galega", en referencia á letra do Himno Galego, poida así ser coñecido por primeira vez por persoas de todo o territorio do Estado.
Lucía Alvarellos Garea, 4ºB ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-03-2017 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal