EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rosalía está sempre de plena actualidade".
Marilar Aleixandre abriu a homenaxe da Real Academia Galega celebrada con motivo do 180 aniversario do nacemento da escritora. Un acto musical e literario no que se estableceu un diálogo entre a poesía de Rosalía e a música e os versos de hoxe. Roi Casal, acompañado de Silvia Ferre, converteu varios dos seus poemas en cancións e Ánxeles Penas, Rosalía Fernández Rial e os académicos Marilar Aleixandre, Luz Pozo e Salvador García-Bodaño recitaron versos da escritora e outros propios na súa honra. Unha mestura que serviu, unha vez máis, para demostrar que "Rosalía está sempre de plena actualidade".
Esta homenaxe non foi a única iniciativa da Academia arredor do aniversario da escritora fundacional das nosas letras contemporáneas, nada o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. O Arquivo da institución puxo a disposición do público a comezos deste mes a súa colección de imaxes da autora, a máis completa das existentes, a través do Arquivo Dixital de Galicia.

Lucía Alvarellos Garea, 4ºB ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-03-2017 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal