EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RESCATE DUNHA NENA DE 5 ANOS COLGADA DUNHA XANELA NUN SÉTIMO PISO

Os bombeiros rescataron este mércores pola noite a unha nena de cinco anos que se atopaba colgada no exterior do balcón acristalado da súa casa, nun sétimo piso dun edificio de Alacante. A nena estaba soa na casa e investíganse agora os motivos polos que acabou empolicada no exterior da xanela.
O rescate realizouse con éxito e a nena atopábase sa e salva, aínda que moi asustada, segundo informaron os bombeiros. Utilizaron un vehículo escaleira con cesta. De forma preventiva colocaran un colchón no chan por si había calquera contratempo.
Pola súa banda, mentres os bombeiros procedían ao rescate, axentes da Policía Nacional accederon ao interior da vivenda para comprobar si aos pais sucedéralles algo. Ao pouco tempo de finalizar a tarefa, a nai da pequena volveu ao domicilio e declarou que estaba no ximnasio.
A nai foi detida acusada dun delito de abandono de menores e a pequena atópase co seu pai biolóxico, xa que a parella está separada.

ALBA LOSADA ÁLVAREZ 4º B ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-03-2017 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal