EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As producións galegas, 'Tartufo' 'Raclette' e 'Perplexo' optan a seis candidaturas nos Max de teatro

O comité organizador dos Premios Max das Artes Escénicas deu a coñecer o seu propósito, que é: "estimular e premiar o talento dos profesionais do teatro e a danza do noso país, ademais da promoción dos espectáculos da tempada".
Un total de 112 espectáculos dos 311 inscritos foron seleccionados para participar como candidatos nesta edición dos Premios Max das Artes Escénicas.
No caso dos aspirantes galegos, 'Raclette' de Ibuprofeno Teatro opta a catro candidaturas nas categorías de 'Mellor espectáculo de teatro', 'Mellor autoría teatral' para Santi Cortegoso, 'Mellor dirección de escena' para Santi Cortegoso e 'Mellor actriz de reparto' para Iria Sobrado.
Pola súa banda, o espectáculo 'Perplexo' de iLMaquinario Teatro opta á candidatura de 'Mellor espectáculo revelación'.
Mentres, a produción 'Tartufo' do Centro Dramático Galego opta á candidatura de 'Mellor actriz de reparto' para Rebeca Montero.
Sofía Cougil García, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-03-2017 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal