EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre o premio Nobel de Literatura de 1992 Derek Walcott

O premio nobel de Literatura de 1992, Derek Walcott, nacido en Santa Lucía en 1930, morreu tras unha enfermidade prolongada na súa residencia, aos 87 anos, informaron este venres fontes familiares. Walcott naceu na cidade de Castries en Santa Lucía, unha das Illas de Barlovento nas Antillas Menores.A experiencia de crecer nunha illa volcánica illada, unha excolonia británica, tivo unha forte influencia na vida e o traballo de Walcott, segundo lembra a páxina web dos Premios Nobel. O seu pai, un acuarelista bohemio, morreu cando Derek e o seu irmán xemelgo, Roderick, tiñan poucos anos e a súa nai dirixía a escola metodista da cidade.
Tras estudar no St. Mary's College na súa illa natal e na Universidade de West Indies en Xamaica, Walcott trasladouse en 1953 a Trindade, onde traballou como crítico de teatro e arte. Aos 18 anos, fixo o seu debut con 25 poemas, pero o seu descubrimento veu co poemario Nunha noite verde (1962).En 1953 trasladouse a Trindade, onde traballou no teatro, impartiu clases e exerceu a crítica de arte ata que obtivo unha bolsa da Fundación Rockefeller para estudar en Nova York. Seis anos despois, ao seu regreso a Trindade, fundou o seu propio grupo de teatro, o «Trindade Theatre Workship», no que tivo a oportunidade de representar as súas primeiras obras teatrais.En 1962, cultivou o seu primeiro éxito literario coa antoloxía In a Green Night, publicada en Londres e na que se recollían poemas escritos por Walcott entre 1948 e 1960.Despois de exercer como profesor en distintas universidades do Caribe, a principios da década dos oitenta fixou a súa residencia en Estados Unidos e en 1984 comezou a ensinar Arte Dramática e Literatura na Universidade de Boston.O 8 de outubro de 1992, a Academia sueca das Letras acordou concederlle o Premio Nobel de Literatura e uns dous meses despois a Unesco anunciou o seu nomeamento como membro da Comisión Mundial da Cultura e o Desenvolvemento, presidida por Javier Pérez de Cuellar e formada por unha ducia de personalidades. Walcott está considerado pola crítica como unha dos principais poetas de fala inglesa.

Antía Ramos, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-03-2017 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal