Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os cazadores saen a buscar ao octoxenario de Castro Caldelas |
|
 Os cazadores do municipio de Castro Caldelas e de localidades limítrofes sumaranse hoxe á procura do octoxenario de Castro Caldelas, Ramón López González, de 89 anos, que está desaparecido desde a tarde do pasado luns. Os cazadores "peitearán" o monte utilizando os seus propios cans de caza, comezando polas marxes do río Caldelas. Así o explicou a alcaldesa do municipio, Sara Inés Vega, agradecendo a colaboración e o traballo que están a realizar a Garda Civil, Axencia Galega de Emerxencias, distinta agrupacións de Protección Civil e os efectivos do Grupo de Emerxencias do municipio para localizar ao octoxenario. "Por medios tanto materiais como humanos non quedará. Hai un despregamento importante, pero non dá resultados", apuntou a rexedora. A procura xa comezou na tarde do propio luns. Desde entón, os efectivos non se dan tregua e buscan ao desaparecido desde o aire e pateando palmo a palmo o terreo. Onte, un helicóptero sobrevoou todo o municipio e hoxe volverá desprazarse á zona. A Garda Civil desprazou ao lugar varios cans adestrados, pero ata o momento non atoparon rastro. A Axencia Galega de Emerxencias tamén utilizou sen éxito catro drons.
Nuria Vazquez, 2º Bach A |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|