Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concello retoma o seu plan para mellorar a mobilidad
A Concellería de Infraestruturas organizou onte unha reunión para retomar o seu plan de mellora da mobilidade no Concello de Ourense, iniciando un proceso de participación cidadá co que pretende adoptar medidas para traballar na calidade ambiental, pacificar o tráfico, mellorar a accesibilidade ou integrar a bicicleta nas rúas.


Na reunión, participaron o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, Manuel Álvarez (Democracia Ourensá), Javier Rey (PSOE), Martiño Xosé Vázquez (Ourense en Común), técnicos da concellería e representantes da consultoría de arquitectura e urbanismo Urba+, autores do plan inicial.

Segundo destacaron fontes municipais, na reunión abordáronse aspectos como a forma de implicar a diversos colectivos cidadáns, o calendario de actuacións, as fases de traballo ou a importancia de seguir involucrando á Mesa da Mobilidade.

María Milán 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-02-2017 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal