Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Retroceso preocupante
Geert Wilders, o líder antimusulmán holandés, inaugurou a campaña electoral co seu paritdo, Partido para a Liberdae (PVV) con unha visita a localidade de Spijkenisse, próxima a Rotterdam. As fortes medidas de seguridade e os numerosos axentes de policía de uniforme e de paisano relegaron aos residentes do municipio de pouco máis de 70.000 habitantes. Consciente da repercusión mediática da súa presencia, Wilders resumiu o seu programa en sendas mensaxes: “Será una votación histórica porque os holandeses poderán recuperar o noso país”; “hai demasiada chusma marroquí na nosa terra”. O político xenófobo encabeza nestos momentos as enquisas para os comicios do próximo 15 de marzo. O resultado será o primeiro en mostrar o verdadeiro tirón do populismo de extrema dereita en Europa xa que despois votará Alemania e Francia, ambos coa extrema dereita en auxe. A volta destas ideas racistas e xenófobas supón un gran perigo para as liberdades das que gozamos hoxe en día, cando pensa actuar a esquerda vai seguir cruzada de brazos vendo como estes lideres racistas asaltan o poder?

Juan Vázquez Viso, 1ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-02-2017 01:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal