Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Científicos españois crean un virus que ataca ás células cancerosas do paciente
Os científicos conseguiron desenvolver un virus oncolítico capaz de redirixir o sistema inmune do paciente contra as súas células tumorales.
Evolución dun tumor
Evolución dun tumor | Soll Laboratory
Científicos do Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge (Idibell) desenvolveron un virus oncolítico capaz de redirixir o sistema inmune do paciente contra as súas células tumorales. O centro de investigación detallou nun comunicado que o grupo, liderado polo doutor Ramon Alemany, publicou o seu traballo, que abre a porta ao desenvolvemento de novas pautas terapéuticas en varios tipos de cancro, na revista Cancer Research. "Traballamos con adenovirus oncolíticos, virus modificados para que ataquen exclusivamente células cancerosas sen atacar o tecido normal, a modo de terapia dirixida", explica o primeiro autor do estudo, Carlos Fajardo.

Os adenovirus son unha familia de virus que poden causar arrefriados, conjuntivitis ou gastroenterite, pero, unha vez modificados para adquirir selectividade cara ás células tumorales, teñen gran potencial para utilizarse como terapia contra o cancro. Neste campo existen varias limitacións, unha das cales é o propio sistema inmune, que recoñece ao virus como patógeno e por tanto atácao. "O que tentamos facer é redirixir o sistema inmune para que ataque as células cancerosas en lugar do virus. Desta forma, non só evitamos que o virus sexa eliminado do organismo demasiado pronto, senón que complementamos a súa acción sumándolle a dos linfocitos T", relatou Fajardo.

Para conseguilo, os investigadores servíronse dos recentemente desenvolvidos anticorpos BiTE (bispecific T-cell engager antibodies), que son capaces de conectar de forma específica os linfocitos T con algunhas proteínas expresadas na superficie das células cancerosas, unha conexión que activa á célula T, que ataca e destrúe a célula tumoral. "Modificamos o virus para que, cando infecte á célula tumoral, esta secrete un BiTE específico contra a proteína EGFR, que está sobreexpresada en moitos tipos de cancro", indicou Fajardo.

En estudos in vitro, o equipo de investigación observou que estes BiTEs eran capaces de captar os linfocitos T presentes no medio para que atacasen as células cancerosas adxacentes. Adicionalmente, estudos en ratos demostraron que o virus armado co BiTE era capaz de aumentar a presenza de linfocitos T nos tumores, dando como resultado unha mellor eficacia antitumoral. Actualmente, a viroterapia en cancro é un campo moi activo en investigación grazas aos avances en inmunoterapia desenvolvidos nos últimos anos.

"Con estes resultados, tentaremos atraer o interese das empresas que desenvolven BiTEs para establecer acordos de colaboración para o desenvolvemento clínico de virus armados con BiTEs", destacou Alemany, que engadiu que tamén están a explorar o desenvolvemento de virus que dirixan aos linfocitos T contra os fibroblastos do estroma tumoral, para eliminalo.

Raquel Vázquez Reza, 1ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-02-2017 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal