Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A nova realidade dos invernos en Galiza: tres incendios diarios
Non son os invernos de antes, din as persoas de máis idade. Certo. Ou polo menos iso parece. Foron estes uns meses de seca (sobre todo novembro, decembro e xaneiro) que deron lugar a importantes consecuencias: perdas no campo e no mar, pre-alerta por seca e, ademais, un importante número de incendios. Os lumes, logo, xa non son cousa só dos meses de verán, eses nos que a Xunta desprega un operativo especial por ser tempada de alto risco (de xuño a setembro).

Unha situación que ratifica un informe de Atrifoga, a Asociación de traballadores de incendios forestais de Galiza, que aponta que entre decembro e xaneiro houbo no noso país perto de 180 lumes forestais, dous terzas partes dos cales decorreron en Ourense. Certo é que se deu unha coxuntura especial: altas temperaturas, ausencia de chuvias, sequedade da biomasa vexetal e do chan... Porén, non é algo exclusivo deste inverno.

Así, lembran en 2015 houbo tamén importantes lumes forestais no país. En moitos casos nas mesmas zonas onde tiveron lugar os de 2016. E, lembra Atrifoga, en anos anteriores tamén fóra da tempada de alto risco houbo importantes incendios, situación descoñecida anos atrás en Galiza. Dan dous exemplos: marzo de 2012 as Fragas do Eume, calcinando 800 hectáreas; e no mesmo mes lume no Courel que arrasou 230 Has. En decembro de 2013, un lume afectou 300 hectáreas na Serra do Xurés,

Falta de medios

Atrifoga lembra que a Consellaría de Medio rural cesou a finais de setembro 436 traballadores contra o lume con contratos de 3 meses e dous meses despois prescindiu de máis de 600 traballadores con contratos de 9 meses. “Deixa o servizo de incendios baixo mínimos”, afirma a asociación, o que supón ficar sen profesionais fronte épocas nas que, para alén de tarefas e traballos de prevención, tamén son agora de facer fronte a incendios.

Estariamos, sinalan, ante unha falla de planificación da Consellaría, cuxa teima en manter un cadro de persoal pequeno nestes meses provoca que atender os incendios requira máis tempo e gastos en extinguir, para alén dos gastos ambientais e sociais ou mesmo poñer en cuestión a propia seguridade dos traballadores.







Candela Fernández del Pon, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-02-2017 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal